O programa "Camiño a Camiño" da Concellería de Medio Ambiente de Vigo ten previsto dúas visitas ás Illas Cies durante o mes de maio de 2025: o domingo 18 e o domingo 25.
A temática a abordar nesta edición é "Rexeneración do entorno terrestre das Illas Cíes nun contexto cambiante". O obxectivo é comprender o proceso de rexeneración paulatino da illa dende a súa catalogación como Parque Nacional en 2002 e coñecer os seus valores medioambientais. Tamén se darán a coñecer curiosidades da súa historia máis recente e algúns dos cambios que se están a producir.
Programa da visita:
- Control de asistencia Camiño a Camiño e elección de ruta da mañá: 8:00, na Estación Marítima (ter presente que precisamos facer a inscrición interna dun gran grupo e distribuir os grupos de visita).
- Embarque: 9:00. Lembrar levar o billete do barco co QR de acceso ao Parque e DNI. No caso de perda do billete do barco non se poderá embarcar.
- Ruta de mañá: 110:30 - 13:30. Distribúese en 4 grupos de visita (ver plano abaixo).
- Ruta de tarde (opcional, 15:45): faranse só as Rutas 2 (saída dende Camping) e 3 (saída dende Caseta de Información do Parque).
- Embarque de volta: 20:00. Por seguridade recoméndase estar no peirao as 19:30.

Normativa e Información das visitas ás Illas Cíes: ver PDF ADXUNTO
Recomendacións: levar roupa de abrigo e roupa de choiva no caso de previsión adversa, así como:
1. Hidratación (levar auga suficiente para todo o día) e protección do sol (anque semelle que non está incidindo) con gorra, crema solar e camiseta/chaqueta que cubra.
2. Para o mareo: Biodramina ou semellante unha hora antes de embarcar ou levar limón e chupalo en caso de mareo.
3. Persoas con alerxias a picaduras de insectos, levar a medicación axeitada.
4. Teléfono de atención de Camiño a Camiño nas Illas Cíes durante a actividade: 662231023
_____________________________________________________________________
PLANO ACTUALIZADO DE CIES
_____________________________________________________________________
RECURSOS XEOLÓXICOS
![]() |
Orixe da Ría de Vigo e localización das Illas Cíes (Vidal Romaní) |
Artigo en Voz de Galicia: "Orixe da Ría de Vigo contada dende Cies" (PREMER AQUI)
Artigo en Faro de Vigo: "Expertos internacionais defenderán as Cíes como Xeoparque da Unesco" (PREMER AQUI)
Artigo en Voz de Galicia: "Sí, las Cíes pueden ser un geoparque de la Unesco" (PREMER AQUI)
____________________________________________________________________________________