miércoles, 15 de mayo de 2024

Illas Cíes 2024: Obxectivo Xeoparque Unesco

  O programa "Camiño a Camiño" da Concellería de Medio Ambiente de Vigo ten previsto dúas visitas ás Illas Cies durante o mes de maio de 2024: o domingo 19 e o domingo 26. 

A temática a abordar nesta edición é "Obxectivo Xeoparque Unesco para as Illas Cíes". O obxectivo é afondar na orixe das illas conectada coa conformación da Ría de Vigo -por esta dimensión xeolóxica particular estase a solicitar a consideración de Xeoparque na Unesco- e coñecer os seus valores medioambientais que fai que sexa Parque Nacional. Tamén se darán a coñecer curiosidades da súa historia máis recente.

Programa da visita:

- Control de asistencia Camiño a Camiño e elección de ruta da mañá: 8:00, na Estación Marítima (ter presente que somos 300 e que precisamos facer a inscrición interna e facer os grupos de visita).

- Embarque: 9:00. Lembrar levar o billete do barco co QR de acceso ao Parque e DNI. No caso de perda do billete do barco non se poderá embarcar.

- Ruta de mañá: 10:30 - 13:30/14:00. Distribúese en 4 grupos de visita (ver plano abaixo). Nesta ocasión a Ruta 2 está prevista para familias.

- Ruta de tarde (opcional, 15:45): faranse só as Rutas 2 (saída dende Camping) e 3 (saída dende Caseta de Información do Parque). Na Ruta 2 abordaranse temas xeolóxicos máis detallados.

- Embarque de volta: 20:00. Por seguridade recoméndase estar no peirao as 19:30.


Normativa e Información das visitas ás Illas Cíes: ver PDF ADXUNTO

Recomendacións: levar roupa de abrigo así como:

1. Hidratación (levar auga suficiente para todo o día) e protección do sol (anque semelle que non está incidindo) con gorra, crema solar e camiseta/chaqueta que cubra.

2. Para o mareo: Biodramina ou semellante unha hora antes de embarcar ou levar limón e chupalo en caso de mareo.

3. Persoas con alerxias a picaduras de insectos, levar a medicación axeitada.

4. Teléfono de atención de Camiño a Camiño nas Illas Cíes durante a actividade: 662231023

_____________________________________________________________________

PLANO ACTUALIZADO DE CIES


RECURSOS XEOLÓXICOS


Orixe da Ría de Vigo e localización das Illas Cíes (Vidal Romaní)

Artigo en Voz de Galicia: "Orixe da Ría de Vigo contada dende Cies" (PREMER AQUI)

Artigo en Faro de Vigo: "Expertos internacionais defenderán as Cíes como Xeoparque da Unesco" (PREMER AQUI)

Artigo en Voz de Galicia: "Sí, las Cíes pueden ser un geoparque de la Unesco" (PREMER AQUI)


____________________________________________________________________________________