lunes, 15 de mayo de 2023

Illas Cíes 2023: a "xoia da coroa" da Ría de Vigo

 O programa "Camiño a Camiño" da Concellería de Medio Ambiente de Vigo abordou durante a tempada de primavera de 2023 a temática "a Ría de Vigo: un ecosistema a descubrir". Para rematar a visión de conxunto realizada durante estes meses está prevista a visita ás Illas Cíes. O obxectivo é afondar na súa orixe conectada coa conformación da Ría de Vigo -precisamente por esta dimensión xeolóxica se está solicitando a consideración de Xeoparque na Unesco- e coñecer os seus valores medioambientais que fai que sexa Parque Nacional. Tamén se darán a coñecer curiosidades da súa historia máis recente.

Programa da visita:

- Control de asistencia Camiño a Camiño e elección de ruta da mañá: entre 9:00 e 9:30, na Estación Marítima (ter presente que somos 300 e que precisamos facer a inscrición interna en Camiño a Camiño e facer os grupos de visita).

- Embarque: 10:00. Lembrar levar o billete do barco co QR de acceso ao Parque e DNI.

- Ruta de mañá: 11:30 - 13:30/14:00. Distribúese en 4 grupos de visita (ver plano abaixo). A Ruta 3 está prevista para familias e persoas que non queiran camiñar moito.

- Ruta de tarde (opcional, 15:45): faranse só as Rutas 2 e 3.

- Embarque de volta: 20:00/20:15. Por seguridade recoméndase estar no peirao as 19:30.


Normativa e Información das visitas ás Illas Cíes: ver PDF ADXUNTO

Recomendacións: , gorra ou similar e crema solar de protección alta.

1. Hidratación (levar auga suficiente para todo o día) e protección do sol (anque semelle que non está incidindo) con gorra, crema solar e camiseta/chaqueta que cubra.

2. Para o mareo: Biodramina ou semellante unha hora antes de embarcar ou levar limón e chupalo en caso de mareo.

3. Persoas con alerxias a picaduras de insectos, levar a medicación axeitada.

4. Teléfono de atención de Camiño a Camiño nas Illas Cíes durante a actividade: 662231023

_____________________________________________________________________


Artigo en Faro de Vigo: "Expertos internacionais defenderán as Cíes como Xeoparque da Unesco" (PREMER AQUI)

Artigo en Voz de Galicia: "Sí, las Cíes pueden ser un geoparque de la Unesco" (PREMER AQUI)


____________________________________________________________________________________